


No que vai de ano , máis dunha treintena de mulleres (12 delas estranxeiras) morreron en España a máns das súas parellas ou ex compañeiros. Delas só tiñan denunciado 5, e somentes se lles concederan a 3 medidas de protección e afastamento do seu asasino. Un 5% de homes morreron a mans das súas mulleres, pero isto non se considera Violencia de Xénero
OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Vigo, xuño de 2010
Texto: Mónica González Alonso
Organizado en Vigo pola Escola Galega de Saúde para os Cidadáns e a fundación Pública da Escola Galega de Administración Sanitaria.
A responsable autonómica para a prevención da Violencia deXénero, María Isabel Graña Garrido, asegura que o 40% das empregadas do Sergas sufriron violencia de xénero no ámito social, familiar ou laboral . Explica que é "moi Difícil" detectar estas situacións de violencia sexista cando as mulleres acuden á consulta de Atención Prinmaria. "No Centro de Saúde tes pouco máis de5 minutos para atendelas e en Urxencias deberiamos ter unha sala aillada, que non existe ainda, para poder falar en profundidade con elas", subraia.
Graña Garrido recoñece que só dende hai pouco tempo considéranse estas agresións e ameazas como "un prolema de saúde", xa que antes clasificábanse como problema "sociolóxico" ou incluso familiar. "Agora a muller denuncia logo de 7 ou 8 anos de maltratos" e o Sergas conta xa con atención socio-sanitaria específica para estas mulleres dentro do "Plan Muller, posto en marcha en 2005. Este programa inclúe foros abertos ao público xeral e 32 proxectos, creados a partir das conclusións dos citados encontros, e adicado non só ao maltrato, senón tamén á lactancia ao embarazo ou á contracepción.
Este ano faleceron 37 mulleres: "En España morre unha muller cada 5 días , e foron asasinadas tamén 4 prostitutas que non se contabilizan a nivel oficial" como víctimas deste tipo de violencia.
As cifras de maltratadores repártense cáseque ao 50% entre españois e estranxeiros. Prodúcense 2,5 mortes por cada millón de españolas e máis de 13 falecementos por millón de estranxeiras residentes en España.
O ano pasado oseu departamento editou unha guía para "Previr a violencia de Xénero" que inclúe os recursos para promover relacions afectivas saludábeis, e destinada ás asociacións de mulleres de Galicia. Agora o seu principal obxectivo nesta materia é "ampliar a capacitación dos profesionais sanitarios para a detección precoz destas agresións de xénero". Trátase de "por á súa disposición a documentación clínica necesaria para por en marcha o procedemento xudicial" partindo do inicial parte de lesións, que queda a disposición do centro médico, o xulgado e a víctima. Ademais trata depotenciar a formación dos facultativos e do resto de persoal no programa informático IANUS, que emprega o Sergas para o tratamento dos datos sanitarios.
CANDO FALAMOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO?
Estamos a falar dela cando é exercida por un home (familiar, parella ou ex parella) cara unha muller, tanto no plano físico como no psicolóxico. Está baseada na pertenza ao sexo femenino, que poda ou teña como resultado un dano físico, sexual ou psicolóxico. Así como ameazas de tales actos.
Tamén existe outro tipo de violencia dentro darelación familiar ou de parella, a que exerce a mulller cara o home. Representa un 5% de homes falecidos no que vai de ano e non se considera Vilencia de Xénero.
Dende o Sergas tratan de formar aos pofesionais ao respecto. Implantar a Guía Práctica en toda Galicia e teñen en marca un curso online para profesionais sanitarios de Atención Primaria. Esta formación busca a implicación dos médicos de familiapara que fagan consultas específicas en caso de posibleviolencia sexista, para atender e aconsellar ás víctimas nas súas conslutas.A promoción deste proxecto tamén se fai dende internet no link "Plan Muller" da web do Sergas www.sergas.es.
Algunhas asociacións de mulleres presentes no curso de Vigo destacaron o labor da Policía Local de Vigo, en paeticular do axente Santiago Rodríguez Trincado, "moi preparado" e sensibilizado neste tipo de delitos sexistas.. Agora o proceso policial ponse en marcha dende a Delegación do Goberno que remite a unha muller policía e a unha Guardia Civil que asisten ás víctimas e colaboran coas agrupacións femininas dedicadas a abordar a Violencia de Xénero.
SÓ O 15% DAS VÍCTIMAS RECOÑECE O MALTRATO
"Só o 15% das mulleres españolas recoñecen o maltrato e delas só presentan denuncias entre o 10% e o 30% das afectadas", di Garrido. Ademáis, existe "prevalencia" xa que "o maltrato é para sempre, é crónico" e , normalmente pasa de psicolóxico a físico. Dentro desta dinámica inclúense na categoría de maltrato non só as agresións físicas, psicolóxicas e sexuais, senón que tamén o son "a negativa de acceso ao diñeiro e negativa aos dereitos de propiedade das mulleres". Incluso "impedir que traballen ou parctiquen a súa relixión ou creenzas. A "indiferencia" soe ser un tipo de maltrato repetitivo que afecta á saúde psicolóxica da muller. "Chama a atención a existencia desta violencia en parellas moi maiores", a franxa de idade con mási mortes está entre os 31 e os 64 anos.
FORMACIÓN PARA A DISCRIMINACIÓN DENDE 1934 AO 1959
Non existe un perfil socio-económico ou educativo do maltratador nin da víctima, estes delitos prodúcense no seo de calquera familia ou parella.As causas do maltrato sonn de tipo social Debido á posición da muller na sociedade, na familia e na parella. Unha posición de desigualdade debida a "creenzas sociais irracionais". A causa está no sistema educativo imposto pola Sección Femenina da Falenge entre os anos 1934 e 1059: " La mujer debe servir de complemento al hombre formando una perfecta unidad social. Madre y esposa sumisa como modelo femnino. Las mumeres nunca descubren nanda, esta inteligencia está reservada a los hombres. Son la señora de, que pertenece al esposo..." "Escúchale, déjale hablar primero, recuerda que sus conversaciones son más importantes que las tuyas y que es el amo de la casa"..."Los intereses de las mujeres son triviales comparados con los de los hombres." "Si tu marido sugiere la unión
accede humildemente teniendo en cuenta que su satisfacción es más importante que la de la mujer".
accede humildemente teniendo en cuenta que su satisfacción es más importante que la de la mujer".
"A SANIDADE E A EDUCACIÓN CHEGAN TARDE", DENUNCIAN AS ASOCIACIÓNS. SÓ SE LEXISLA A PARTIR DE 2004.
Dende as asociacións que acudiron ao foro vigués denunciouse que "a sanidade chega tarde na prevención da violencia de xénero, iagual que a educación escolar, na que se pretende voltar atrás no tempo separando ás nenas dos nenos". Neste senso, María Isabel Graña recoñece que "a xuventude está en retroceso neste aspecto" xa que "unha porcentaxe moi baixa de mozos recoñecen a existencia da violencia de xénero". Tamén nesta casuística ponente e asistentes coincidiron na "influencia negativa da relixión Católica neste aspecto dende o seu monopolio, incluso na educación pública".
Por outra banda, a lexislación "tamén chega tarde": A Ley Orgánica de Violencia de Género estatal é de 2004 e a Lei Galega entrou en vigor en 2007, "data na que comezou tamén o protocolo sanitario".
BAIXAS DE FACULTATIVOS DERIVADAS DAS MORTES DAS SÚAS PACIENTES
"Hai facultativos de baixa por depresión porque unha das súas pacientes morreu a máns do seu marido e outra está moi grave no hospital. Agora os médicos decátanse de que deixaron pasar por alto moitos síntomas" que delataban a Violencia de Xénero, asegura a responsable autonómica en materia de agresións sexistas.
As víctimas tamén ocultan este tipo de información, non queren que se enteren do que estánn a pasar porque síntense culpables e incluso acuden a curar as súas feridas a ambulatorios que nonn lles corresponden para mantelo en segredo e que o seu médico non faga o parte de lesións, destaca Graña Garrido. De ahí a necesidade de que todos os médicos estén alerta para facer os partes de lesións nestes casos. "O médico non denuncia, só fai o parte que vai ao Xulgado de Garda. Teñen que perder o medo como profesionais", destaca Garrido.
LITERATURA RECOMENDADA PARA TODAS AS EDADES
Non hai edade demasiado temprana para sensibilizar sobre a Violencia de Xénero e tratar de previla. Para os nenos existe un conto de Planeta titulado "La cenicienta que no quería comer perdices", e os adultos poden ler a guía "Desconecta del maltrato", á que se pose acceder na web www. elkar.com
ASESORÍA XURÍDICA EN MATERIA DE IGUALDADE
Outras dúas ponentes, Eva Latorre Porto e Maica Arias Fariña, membros e cofundadoras da Asociación de Axentes de Igualdade de Galicia, explicaron a cobertura legal e os apoios económicos e de acollida por parte das administracións públicas para as víctimas. Latorre lembrou que a Violencia de Xénoero xurde da "desigualdade en grao máximo". Trátase dun "ilícito penal, dun delicto", que vai máis alá das simples lesións.
Delicto que é perseguile de oficio ou a instancia de parte, e considerado de carácter público (non como antes que era unha cuestión privada ou familiar.
Para acreditalo é preciso presentar un Certificado Médico de Lesións, a certificación da Orde de Protección (e de Alonxamento, no caso de que as haxa) e contar coa actuación Fiscal.
A protección xurídica das maltratadas baséase na Ley Orgánica 1/2004 de 28 de decembro de Medidas de Protección Integral Contra la Violencia de Género; e na Lei 11/2007 de xullo para a Prevención e o Tratamento Integral da Violencia de Xénero. A norma estatal abrangue o ámbito educativo, o dos medios de comunicación e tamén o sanitario. Pola súa banda, a lei autonómica, tamén ten en conta o ámbito da educación.. Neste senso, inclúe a formación para previr actos sexistas, a escolariazación inmediata dos nenos vítimas dunha situación de maltrato, e a edición e adaptación de materiais formativos ao respecto.
No campo sanitario, a norma galega prevé a atención sanitaria no centro médico, tamén a nivel psicolóxico, das vítimas. A lei inclúe o traballo en rede a nivel sanitario, policial e xudicial.
DEREITO A ASISTENCIA LETRADA DE OFICIO DENDE A DENUNCIA
As mulleres maltratadas teñen dereito a esixir a presencia dunh abogado especializado (de oficio en caso de falla de recursos) dende o mesmo momento que están a por a denunica ante a Policía ou a Garda Civil. A soliciatar unha orde de Protección e de Alonxamento (independentes). A recibir asesoría e asistencia letrada en relación coa custodia dos fillos, os dereitos sobre a súa vivenda ou o dereito a unha pensión alimenticia. As afectadas poden obter asesoría xurídica no teléfono gratuito 900400273.
"Agora coa crise económica poden tardar ata 3 meses en asignarlle un abogado de oficio polo recorte de persoal", subraia Latorre.
"A Xunta de Galicia personarase nos procedementos penais inicados por causas de violencia de xénero. E a administración intervirá en caso de desamparo dos menores asumindo a súa tutela". E no caso de que as mulleres, por medo, retiren as denuncias, sempre quedará constancia delas como "precedente legal" no proceso xudicial. Éste lévase a cabo polo procedemento abreviado de urxencia e pode durar entre 24 horas, un mes ou máis dun ano, segundo as circunstancias de cada caso.
Asímesmo, contémplanse programas de intervención con homes en relación coa violencia de xénero, que non servirán de eximente en caso de condena. Para as vítimas hai medidas de formación para o empreto: plans de igualdade nas empresas; unha liña de subvencións para as empresas que as contrate; normas de conciliación laboral, ou medidas contra "a brecha salarial homes-mulleres". Nos casos precisos, tramítase a RISGA polo procedemento abreviado, valorando primeiro as rendas e prestacións periódicas percibidas.
Na súa empresa pode coller unha baixa dun ano con soldo íntegro e ten dereito a reducción de xornada ou á mobilidade xeográfica.
Eva Latorre fai fincapé en que a vítima non acuda nunca soa al xulgado e que esté presente o seu abogado incluso cado esté a por a denuncia "por moito que teña que agardar e ainda que moitos axentes, pouco sensibilizados, o desaconsellan". Toda maltratada ten dereito a "asistencia letrada especializada". Ainda que no referido a este adxectivo hai bastantes dúbidas sobre si hai realmente suficientes abogados formados ao respecto.
AXUDAS ECONÓMICAS Ó ALUGUER E PISOS DE ACOLLIDA
Pola súa anda, Maica Arias, traballadora social, explicou que a violencia de xénero evolucionou pasando do ámbito privado ao público, algo indispensable para acceder ás axudas institucionais. Éstas son de pago único e se facilitan nunhas datas fixas acordadas pola administración, só para aquelas mullleres que teñan ingresos económicos reducidos. Agora poden solicitalas ata o vindeiro día 31 de outubro. Consisten no pago de 6 meses de subsidio de desemprego, ata 11 meses (425 € ao mes). Tamén pode tramitarse a RISGA no prazo dun mes, pero ámbalas axudas son excluintes.
As vítimas poden participar no programa ALUGA de vivenda da Xunta, sempre que teñan recursos para pagar o aluguer.Neste novo programa teñen prioridade as maltratadas, as familias monoparentais e os dependentes.
Os incentivos ás empresas para a contratación das vítimas, fixados para este ano ato o 30 de xuño son de 2.520 euros por un contrato de 6 meses ata un máximo de 5040 euros por un contrato dun ano.
Doutra banda, as afectadas poden recibir asistencia psicolóxica gratuita dirixíndose ao teléfono 629 777 595 do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Tamén poden acollerse ao sistema de teleasistencia, que consiste nunha alarma para activar ante a presencia do maltratador e que está conectada coa Policía. Outros servicios de asesoría e asistencia son o teléfono 016, o único que non aparece reflexado na factura telefónica ou o Centro de Emerxencia da Rede Galega de Acollida (en Vigo no teléfono 986293963). Na cidade olívica existen 20 prazas para personas maltratadas, durante un máximo de 3 meses de acollida. O Concello tamén ten 3 pisos de saída con 12 prazas, un espazo onde se continúa o traballo de asistencia e seguimento de cada caso mediante unha educadora social. Aquí, poden permanecer entre os 6 meses e 1 ano.
Estas mulleres poden optar a un servizo de gardería gratuito e os seus casos son seguidos tanto dende a Policía Local como dende a Nacional por persoal especializado en control e seguimento da Violencia de Xénero.

No hay comentarios:
Publicar un comentario