viernes, 25 de diciembre de 2009

CAMPAÑA ANTINAVIDEÑA 2009


Boas a todo o mundo. Son antinavideña pero son feliz. Recuperei ao meu gato que estivo

meses perdido na Coruña e estou a pasar as festas só cun lixeiro constipado, que agardo non me impida sair a bailar, o único auténtico destas festas. Sí xa comin e comerei coa familia en plan diplomático e eso. Agora a seguir celebrando con todos os amigos. Un milleiro de apertas.

martes, 25 de agosto de 2009

Vigo-Barna en moto

Vigo-Barna en Aprilia Rosaliana. (do 4 ao 9 de agosto de 2009)
Protagonistas: Antonio Mosquera Prego, Sherpa conductor; Mónica González Alonso
copiloto, xornalista intérprete da travesía en moto. Maís alá de 4 a 4.

Capítulo 1: RÍO MENTE (04/08/09)
Cando non hai presuposto e a crise apremia tanto ao proletario que non fan
máis que construir novos portos deportivos para iates, o Antón e máis eu atravesamos o sur de Galicia para chegar a Barna na súa Aprilia rosaliana. Unha moto á que eu chamo, pola súa cor, a laranxa mecánica de Kubrik.
Xuntos saimos de Vigo, o embigo das Rías Baixas, a Costa da Vida. Atrás quedaron as vides albariñas. Coa Aprilia pasamos por riba do río Mente en Ourense, antes terra do ouro e hoxe leira para as zurdas novas ideas, adoviada de viñas.

Capítulo 2: RÍO “MADRE” (05/08/09)
Iamos por Logroño ao lombo da moto. A calor do sol matou un pouco do romanticismo da noitiña que pasamos en Palencia. Esa primeira noite, a de 4 a 4 de agosto, levounos a camiñar pola zona vella Palentina.
A pasada noite, silencio, a frescura das rúas baldeadas pola auga. Apenas algúns grupitos e parellas a acariñar o chan cos pes.
Centos de edificios fermosos marcados polo paso do tempo, escultura na rúa e a catedral plagada de cigoñas. Nunca vira tantas. No lateral do templo un cartel reza “A porta dos namorados”. Ducias de cigoñas a castañetear os seus peteiros.
Nun restaurante veciño os camareiros contáronme que as zancudas xa non emigran. Fican alí amamantadas polo vertedoiro municipal.
Xa de día, o sol na estrada.
Calor extremo e o vento marcando a pauta do noso vó rasante motorizado cara Barna.
Altas temperaturas que levan ata a discusión sen tino. Pero a velocidade, o son do ar atravesado no asfalto, o ceo, devolven a paz, a calma, a sabedoría do tempo infindo disfrutado.
Así cabalgamos a laranxa mecánica, a góndola rosaliana, xa que a escritora de Padrón naceu en abril. Na máquina veneciana viaxamos cara a Cidade Condal e sobrevoamos o río “Madre”. Logo da seca dos campos xa colleitados, da aridez do cáseque deserto, chegamos ás viñas riojanas regadas pola cada vez más escasa auga. Acababamos de sobrevoar o río “Madre”. Líquido amniótico, auga e sal, suero nai. Nos anos da crise
O fenómeno do baby boom.

Capítulo 3: MERIDIANO DE GREENWITCH. TARRAGONA (06/08/09)

Calor abafante. Desgaste primitivo. A velocidade como aliada,
Devolve unha sensación de fuxida cara adiante.
Como unha frecha a Aprilia rosaliana tenta voar dentro das súas posibilidades.
Non a vencen nin a calor, nin o peso, nin as discusións bizantinas. En zonas desérticas sen árbores, no hermo estepario, pasadas as terras do Cid, a catedral de Burgos e a militarizada basílica do Pilar en Zaragoza.
Abandonamos as terras mañas do monstro Goya, o xenio.
Xa sen goce para Inditext, e sen dar visitado o museo do inigualable Gargallo.
Acabalgamos a estrada Baixo o sol e o ceo paciente e maila suor.
Avanzamos atravesando a membrana de calor.
Xa en Tarragona atravesamos o meridiano de Greenwitch, cinto xeográfico que enlaza coa localidade británica do mesmo nome, o desta unidade de parcelación da realidade física. Xusto alí na illa británica estuven en 2007, xusto antes de que me descabalgaran
da miña modesta e laboral entidade cotidiá.
Dous anos despois, no 2009 cando ainda hai moito empeño en retrotraerme a aquelas datas, seguín o consello de alguén pouco sabio e compliqueime a vida nesta singladura. Guiada por un perigoso Sherpa, o outro meridiano.

Capítulo 4: SANTA ROSALÍA EN BARNA. (08/08/09)

Manteados pola carlo húmida do agosto condal, redescubrimos o alicerce do proxecto ecolóxico-arquitectónico- escultural e residencial do parque Güell gaudiniano.
Custodiado por un dragón cancerbero ao que lle fixeron unha ortodoncia castrándolle os dentes, e suprimíndolle as unllas. Quizais sería o Sant Jordi.
Camiñamos sobreexpostos á luz solar por carreiros de terra seca, horfa de fontes e regatos. Apenas un pequeño regalo líquido abrollaba nas fauces da píntega, do lagartosaurio.

Ascendimos pola estrada de Sant Cugat, L’Arrabassada, ata o monte Tibidabo. Observamos a maxestuosidade da urbe dende a atalaia do Sagrat Cor.
Antes de chegar, á metade do camiño entre o Parque Güell e o Sacrat Cor, pasamos por un barrio residencial en obras, Santa Rosalía. A nosa rosa galeguista, e atrévome a decir que a pioneira pre-nacionalista.

Ao día seguinte voamos de volta, estrada cara Galicia. Só fixeron falla dous días, con apenas unha noite de aloxamento en Calahorra, para atopar de novo o verdor montañoso da terra. En escasas, fugaces, pero duras horas de asfalto estabamos de volta en Vigo. O embigo.
Só catro días e medio de travesía Baixo un mar de nubes e herba segada e xa estabamos de novo en casa. Pouco máis dun 4 a 4.
Era o día nove. Arribamos en bó estado.

Vigo-Barna en Aprilia Rosaliana. (Galicia- Cataluña del 4 al 9 de agosto de 2009)
Protagonistas: Antonio Mosquera Prego, Sherpa conductor; Mónica González Alonso
copiloto, xornalista intérprete de la travesía en moto. Más allá de 4 a 4.

Capítulo 1: RÍO MENTE
Cuando no hay presupuesto y la crisis apremia tanto al proletario que no hacen nada más que construir nuevos puertos deportivos para yates, Antón y yo atravesamos el sur de Galicia para alcanzar Barna en su Aprilia rosaliana. Una moto a la que yo denomino, por su color, la naranja mecánica de Kubrik.
Juntos salimos de Vigo, el ombligo de las Rías Baixas, la costa de la vida. Atrás han quedado las vides albariñas. Con la Aprilia pasamos por encima del río Mente en Ourense, antes tierra conocida por el oro y hoy terreno fértil para las zurdas nuevas ideas. Engalanado de viñedos.

Capítulo 2: RÍO “MADRE” (05/08/09)
Atravesábamos Logroño a lomos de la moto. El calor del sol había matado el romanticismo de la noche que pasamos en Palencia. Ese anochecer del 4 de agosto, nos había llevado a caminar por la zona vieja Palentina.
La pasada noche, silencio, el frescor de las calles baldeadas por el agua. Apenas algunos grupitos y parejas acariciaban el suelo de piedra con sus pies.
Cientos de edificios hermosos marcados por el paso del tiempo. Escultura en la calle y la catedral plagada de cigüeñas. Nunca había visto tantas.
En el lateral do templo un cartel reza “La puerta de los enamorados”. Docenas de cigüeñas hacían castañetear sus picos.
Los camareros de un restaurante vecino me contaron que las zancudas ya no emigran. Permanecen allí, amamantadas por el vertedero municipal.
Ya de día, el sol en la carretera.
Calor extremo y el viento marcando la pauta de nuestro vuelo rasante motorizado hacia Barna.
Altas temperaturas que a veces enervan. Pero la velocidad, el sonido del aire atravesado en el asfalto, el cielo, nos han devuelto la paz, la calma, la sabiduría del tiempo infinito disfrutado.
Así, cabalgamos la naranja mecánica, la góndola rosaliana, puesto que la escritora y poetisa gallega de Padrón (Rosalía de Castro, pionera galleguista y me atrevería a decir que musa del pre-nacionalismo) nació en abril. En la máquina veneciana hemos viajado hacia la Ciudad Condal y hemos sobrevolado el río “Madre”. Después de la sequía de los campos ya cosechados, de la aridez del casi deserto, hemos llegado hasta los viñedos riojanos regados por el, cada vez más escaso, agua. Hemos sobrevolado el río Madre. Líquido amniótico, agua y sal, suero madre. Durante los años de crisis, el fenómeno del baby boom.

Capítulo 3: MERIDIANO DE GREENWITCH. TARRAGONA (06/08/09)

Un calor asfixiante. Desgaste primitivo. La velocidad como aliada,
nos devuelve unha sensación de huida hacia delante.
Como una flecha, la Aprilia rosaliana trata de volar dentro de sus posibilidades.
No la vencen nin el calor, nin el peso, nin las discusiones bizantinas.
En zonas desérticas sin árboles, en la yerma estepa. Cruzamos las tierras del Cid, la catedral de Burgos y la militarizada basílica del Pilar en Zaragoza.
Abandonamos el dominio maño del monstruo Goya, el genio.
Atrás ha quedado el goce de Inditext, sin tiempo para visitar el museo del inigualable Gargallo.
Cabalgamos la carretera bajo el sol, el sol paciente y el sudor.
Avanzamos atravesando a membrana de calor.
Ya en Tarragona, atravesamos el meridiano de Greenwitch, cinturón geográfico que enlaza con la localidad británica del mismo nombre. El de esta unidad de parcelación de la realidad física. Justo allí, en la isla británica he estado en 2007. Un momento en que me descabalgaron de mi modesta y laboral entidad cotidiana.
Ahora, en 2009, cuando todavía hay empeño en retrotraerme a aquellas fechas, he seguido el consejo de alguien poco sabia y me he complicado la vida en esta singladura. Guiada por un peligroso Sherpa, el otro meridiano.

Capítulo 4: SANTA ROSALÍA EN BARNA. (08/08/09)

Manteados por el calor húmedo del agosto condal, redescubrimos los cimientos del proyecto ecológico-arquitectónico- escultural y residencial del parque Güell gaudiniano.
Custodiado por un dragón cancerbero al que le han hecho una ortodoncia castrándole los dientes y suprimiéndole las uñas. Quizás habrá sido Sant Jordi.
Caminamos sobreexpuestos a la luz solar por senderos de tierra seca, huérfana de fuentes y regadío. Apenas un pequeño regalo líquido surge en las fauces de la salamandra, el lagartosaurio.

Ascendimos por la carretera de Sant Cugat, L’Arrabassada, hacia el monte Tibidabo. Observamos la majestuosidad de la urbe desde la atalaya del Sagrat Cor.
Antes de llegar, a mitad de camino entre el Parque Güell y el Cor, pasamos por un barrio residencial en obras, Santa Rosalía. La rosa galleguista y me atrevo a decir que pionera del pre-nacionalismo.

Al día siguiente volamos de regreso, autopista hacia Galicia. Sólo hicieron falta dos días, con apenas una noche de alojamiento en Calahorra, para encontrar de nuevo el verdor montañoso de la tierra. En escasas, fugaces, pero duras horas de asfalto ya estábamos de regreso en Vigo. El ombligo.
Bastaron cuatro días y medio de travesía bajo un mar de nubes y hierba segada y ya habíamos llegado de nuevo a casa. Era el noveno día. Arribamos en buen estado.

martes, 21 de julio de 2009

O MEU MAR. MI MAR


Na praia de Samil nacín, crecín.
Nas súas ondas aboiei, xoguei
afundín, saín de novo á superficie.
Do seu sal aprendín o sabor,
das súas algas a cor, do seu aire o arrecendo
Do camiñar das súas xentes, o sorriso.
Da súa contaminación aborrecín.
Da súa supervivencia a pesares de todo,
me admirei.
Na súa area camiñarei para sempre
cos pes espidos.
O meu embigo. O meu Vigo.

En la playa de Samil he nacido, he crecido.
Sobre sus olas he flotado, he jugado,
me he hundido, he salido de nuevo a la superficie.
De su sal he aprendido el sabor,
de sus algas el color, de su aire el aroma.
Del caminar de sus gentes, la sonrisa.
Su contaminación la he aborrecido.
De su supervivencia, a pesar de todo, me he admirado.
En su arena caminaré para siempre
con los pies desnudos.
Mi ombligo. Mi Vigo.

miércoles, 11 de marzo de 2009

ECONOMÍA DE ALTIBAJOS/ECONOMÍA DE ALTIBAIXOS

Resulta difícil comprender como se pode soster un sistema económico baseado na creación de faraónicas grandes superficies comerciales que incluso se publicitan con especiais a toda páxina en xornais como La Voz de Galicia, falando simplemente de espazos valeiros que ainda quedan por encher. É o caso dun especial sobre un centro comercial en A Coruña situado nunha antiga rúa vinculada coa prostitución, a Rúa do Papagaio, onde se construiu unha urbanización de élite co seu correspondente centro comercial respaldado por unha cadea tan reputada como El Corte Inglés.
E a pesares da baixada do poder adquisitivo da grande maioría dos cidadáns de a pe, e de que atopar un traballo, estable e alleo á economía sumergida, resulta unha misión imposible, cada vez proliferan máis as grandes moles de formigón, de espazos que misturan o público e o privado buscando incrementar un consumo que irremediablemente se fai cada vez máis rácano debido á coxuntura económica e social mundial que nos está a tocar vivir. Estamos cinguidos á curva descendente do ciclo económico que rematará ao chegar a unha base de estabilización.

Resulta difícil comprender como se puede sostener un sistema económico basado en la creación de faraónicas grandes superficies comerciales que incluso se publicitan con especiales a toda página en periódicos como La Voz de Galicia, hablando simplemente de espacios vacíos que todavía quedan por ocupar. Es el caso de un especial sobre un centro comercial en A Coruña situado en una antigua calle dedicada a la prostitución, la Rúa do Papagaio, donde se ha contruido una urbanización de élite con su correspondiente centro comercial respaldado por una cadena tan reputada como El Corte Inglés.
A pesar de la caida del poder adquisitivo de la gran mayoría de los ciudadanos de a pie, y de que encontrar un trabajo estable y fuera de la economía sumergida, resulta cáseque unha misión imposible, cada vez proliferan más las grandes superficies de hormigón, de espacios que mezclan lo público y lo privado buscando incrementar un consumo que, irremediablemente, se hace cada vez más rácano por la coyuntura económica y social mundial que nos ha tocado vivir. Estamos ligados a la curva descendente del ciclo económico que concluirá al llegar a una base de estabilización.

E a pesares de todo, de xeito sorpresivo seguen a aparecer novas superficies comerciais por todos os lados cheas de franquicias que moitas veces tardan poucos meses en pechar. Non vexo o sentido desta dinámica pero está claro que este reclamo está a busca de entrenar a novos consumidores
.
Xusto cando se falaba tanto da protección dos dereitos dos menores agora estanse a achegar cada vez mais a población máis nova, cada vez máis escasa e preciosa. A estes novos templos do consumo, que tentan crear unha necesidade imperiosa de mercar cousas e marcas que nos leven cara algunha parte, e en concreto cara o triunfo do poder e dos cartos.
Construidos de xeito monumental e con estructuras tendentes a crear unha rotación de movemento e unha desubicación do consumidor para que tropece unha e outra vez cos reclamos das rotulacións suntuosas, especulares, futuristas ou retro, que crean un diálogo co subconsciente do comprador compulsivo que todos podemos levar dentro. Ademáis de levarnos a voltas e bombardearnos con mensaxes de benestar, lecicia, felicidade ou dunha meta cara onde é obrigado encamiñarse na dinámica do consumo e da cosificación e deprezación non só dos obxectos que nos propoñen como indispensables para chegar a ser algo, existir de cara a sociedade e non ser só un cero a esquerda ou un número vermello máis nas longas listas do paro ou, no peor dos casos, do desamparo.

Justo cuando se habla tanto de la protección de los derechos de los menores ahora el público objetivo de este consumo es cada vez más la población joven e infantil, cada vez más escasa y preciosa. A estos nuevos templos del consumo, que tratan de crear una necesidad imperiosa de adquirir cosas y marcas que nos guíen cara alguna parte, y, en concreto hacia el triunfo del poder y del dinero.
Construidos de forma monumental y con estructuras tendentes a crear una rotación de movimiento y una desubicación del consumidor para que tropiece una y otra vez con los reclamos de las rotulaciones suntuosas, especulares, futuristas o retro, que crean un diálogo con el subconsciente del comprador compulsivo que todos podemos llevar dentro.
Además de llevarnos a vueltas y bombardearnos con mensajes de bienestar, alegría, felicidad o de una meta hacia la que es obligado encaminarse en la dinámica del consumo y de la cosificación y depreciación no solo de los objetos que nos proponen como indispensables para llegar a ser algo, existir de cara a la sociedad y no ser solo un cero a la izquierda o un número rojo más en las largas listas del paro, o, en el peor de los casos, del desamparo.

Agora que todo se usa e se tira cunha rapidez cada vez máis vertiginosa, as persoas e o noso entorno parecen ter un valor nimio, escaso, que se depreza por momentos. Mentres movémonos coma reses marcadas por gandeirías que poucas veces sabemos de onde veñen ou que pretenden convertíndonos en involuntarios obxectos publicitarios, do triunfo, da derrota, da integración ou da progresiva desintegración da sociedade. Somos actores involuntarios baixo a atenta mirada das videocámaras de vixiancia e os microchips para simplicar lo que somos nunha cadea numérica. Unha idea que naceu vinculada ao fascismo e ao exército.

Ahora que todo se usa y se tira con una rapidez cada vez más vertiginosa, las personas y nuestro entorno parecen tener un valor nimio, escaso, que se deprecia por momentos. Mientras, nos movemos como reses parcadas por ganaderías que pocas veces sabemos de donde proceden o qué pretenden convirtiéndonos en involuntarios objetos publicitarios, del triunfo, la derrota, la integración o la progresiva desintegración social.
Somos actores involuntarios bajo la atenta mirada de las videocámaras de vigilancia y de los microchips para simplificar lo que somos en una cadena numérica. Una idea que nació vinculada al fascismo y al ejército.


Mónica González Alonso